Anova Redondela

O Concello de Redondela incumpre as súas propias ordenanzas

Advertisements

O Concello de Redondela foi pioneiro na súa campaña a prol da normalización da lingua galega.
Campañas desenvolvidas en múltiples eidos crearon dinámicas de emprego da nosa lingua que
favoreceron o seu espallamento e introdución en ámbitos nos que a súa presenza era escasa ou nula.
Estas rendas do pasado esvaécense ante campañas orquestradas desde o PP galego que teñen como
finalidade a ritualización, cando non a eliminación, do uso da nosa lingua en sectores tan
emblemáticos como o ensino.


Arredor da data do 17 de maio sucédense os actos institucionais de homenaxe ás Letras Galegas.
Nos máis dos casos trátanse de actividades de maquillaxe encamiñadas a cubrir o expediente, do
simple uso ritual da lingua por uns días.
Desde Anova-IN Redondela entendemos que a verdadeira homenaxe a unha lingua é o seu uso, o
seu emprego normalizado todos os días do ano. E nesta función o papel das institucións resulta
imprescindíbel, especialmente o das institucións locais, as máis achegadas á cidadanía. É por este
motivo que o luns 13 de maio presentamos en nome de Anova-IN Redondela unha queixa razoada
no rexistro do concello esixindo o cumprimento da ordenanza que sobre o uso da lingua galega rexe
para o concello desde a súa aprobación no ano 1998, especialmente no referido á rotulación,
sinaléctica e carteis publicitarios, sexan estes emitidos directamente desde a institución local ou por
outras entidades que gocen dunha subvención do concello para a realización da actividade
anunciada.

Advertisements

Advertisements